top of page

Inside Out: Mulleres [Rur]Urbanas

O Inside Out Project parte dunha iniciativa creada en 2011 polo recoñecido artista francés JR para transformar o espazo público a partir da utilización da arte de rúa como unha ferramenta de expresión comunitaria. Cunha intervención que, a través das mulleres do rural galego, reivindicou o rol das habitantes das vilas e aldeas na historia e cultura galega.

​

Inside Out: Mulleres [Rur]Urbanas, impulsado polo colectivo 7H Cooperativa Cultural en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, formou parte da programación do Concello de Pontevedra polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

bottom of page